Sevilla, 15 de outubro de 2026
Querido lector, querida lectora:
Con profunda ledicia dirixímoste esta carta para compartir contigo que, despois de catro séculos de aparente silencio, se percibe en diversas partes do mundo un gran interese pola nosa querida Irmá María de San José (Salazar), filla insigne da nosa Nai Santa Teresa de Xesús. Animadas por estas circunstancias, froito da acción do Espírito Santo, temos solicitado ao Postulador Xeral da nosa Orde iniciar a súa Causa de Beatificación.
Son moitos os requisitos e non poucas as dificultades, pero confiamos no Señor, na intercesión da nosa Santa Nai, e na unión e nas oracións de todos para pedir a súa glorificación. Con este fin podes atopar nesta páxina unhas estampas coa reprodución do retrato que custodia a nosa comunidade e coa oración aprobada pola Igrexa, agradecéndoche de antemán a comunicación de calquera favor que alcances pola súa intercesión.
Rógoche, ademais –pois é sumamente importante para a Causa–, que, se che é posible, nos digas se a consideras santa e por que motivos. Tamén se leches nalgún libro ou artigo sobre ela. Todo iso é de moito interese.
Moi agradecidas e unidas na oración.
Priora